Bs. As. (20º Aniversario)

  • Repertorio
  • HD
  • VO
Pase único 28 de maio

Bs. As. (20º Aniversario)

  • Repertorio
  • HD

Galegos e galegas empurrados pola fame a Bos Aires. Os avós xa non existen, pero quedan xeracións de netos que tentan facer o camiño á inversa. A partir de fotografías familiares, recordos e memoria histórica, agroma unha reflexión sobre a emigración e os lazos que atan continentes. A proxección de Bs. As., da que se cumpre neste 2026 o seu 20º aniversario, contará con presentación e coloquio de Alberte Pagán.

  • Título orixinal: Bs. As.
  • Ano: 2006
  • Duración: 79 minutos
  • Idioma orixinal: Galego
  • Dirección: Alberte Pagán
  • Guión: Alberte Pagán
  • Elenco: Marta Vázquez, Jesvir Mahil, Celia Pagán, Pepe Vázquez, Gloria González, Daniel Vázquez
  • Distribuidora: Alberte Pagán
Xixón 2006 (Llendres), Premio Román Gubern de Cine-Ensaio 2006 (UAB)