Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Pagán, Alberte

A mirada inqueda

As películas que cobre este segundo volume sobre o cinema de Andy Warhol pertencen todas á súa época sonora e abarcan o período que vai desde 1965, ano de "Poor Little Rich Girl", até 1968, ano da súa derradeira película como cineasta, "Blue Movie".

Se o cinema de Warhol dos anos sesenta era puro, no senso de que non buscaba o beneficio económico (ao contrario que a súa pintura, que era a súa constante fonte de ingresos), o dos setenta (Morrisey e Johnson) é unha operación descaradamente comercial.

A evolución do cinema de Warhol cara a unha narratividade comercializábel non deixa de ser consecuente coas súas preocupacións humanistas. Se hai un concepto que poida definir o seu cinema é o de "retrato"; e do retrato á narración non hai máis que un paso. A súa obra constitúe un amplo retrato serial da sociedade estadounidense dos anos 60"

(do limiar)
  • Editorial: Positivas |
  • Ano: 2014 |
  • Páxinas: 316 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-939812-9-7 |