Crónica de Anna Magdalena Bach

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Crónica de Anna Magdalena Bach

A primeira longametraxe realizada por Jean-Marie Straub e Danièle Huillet presenta unha biografía moi singular de Johann Sebastian Bach. Os documentos, a narración do diario da súa muller e, ante todo, a súa música, interpretada polo gran Gustav Leonhardt e outros músicos vestidos de época, dino todo. Segundo Straub, a idea era crear un filme no que a música fose empregada non como acompañamento nin como comentario, senón como materia estética.

Antes do inicio da proxección Diego Ares interpretará dúas pezas do Álbum de Anna Magadalena Bach, nunha réplica dunha espineta poligonal de orixe italiana (c. 1650) construída por Herbert Kuen (Götzens-Tirol, 1993).

Proxección incluída no ciclo De lugares e órganos. Música e outras paisaxes de Compostela

  • Título orixinal: Chronik der Anna Magdalena Bach
  • Ano: 1968
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma orixinal: Alemán
  • Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Guión: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Participación: Gustav Leonhardt, Christiane Lang, Paolo Carlini, Joachim Wolff
  • Montaxe: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Vestiario: Vera Poggioni
  • Son: Louis Hochet, Lucien Moreau, Paul Schöler
  • Música: Johann Sebastian Bach
  • Fotografía: Ugo Piccone
  • Produtora: Franz Seitz Filmproduktion (Alemaña)
  • Distribuidora: Belva Films
British Film Institute Awards 1968 (Trofeo Sutherland), Berlinale 1968 (Nomeado a mellor filme)