E a vida continúa

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

E a vida continúa

Despois dun terremoto que en 1990 deixou 30.000 mortos, Kiarostami regresou á vila de Koker, onde a súa cámara examina non só a devastación, senón tamén a abundante vida que continúa ao seu paso. Combinando ficción e realidade nunha road movie lúdica e conmovedora E a vida continúa segue a un director de cine (interpretado por un actor que remplaza a Kiarostami) quen, xunto co seu fillo, fai a difícil viaxe á rexión coa esperanza de descubrir se a estrela do seu filme Onde está a casa do meu amigo? está entre os superviventes. Alí descobre unha comunidade resiliente que se enfronta á traxedia mentres o axuda na súa viaxe a xenerosidade das persoas que coñece. Ao atopar a beleza nas circunstancias máis sombrías, Kiarostami elabora unha oda silenciosamente maxestosa adicada ao espiritual humano.

  • Título orixinal: Zendegi va digar hich
  • Ano: 1991
  • Duración: 96 minutos
  • Idioma orixinal: Persa
  • Dirección: Abbas Kiarostami
  • Guión: Abbas Kiarostami
  • Fotografía: Homayon Payvar
  • Produtora: Kanun Parvaresh Fekri
  • Distribuidora: Avalon