Europa 2005 — 27 de outubro + Joachim Gatti + Corneille — Brecht + O somma luce + Chacais e árabes

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE

Europa 2005 — 27 de outubro + Joachim Gatti + Corneille — Brecht + O somma luce + Chacais e árabes

Europa 2005 — 27 de outubro (Europa 2007 — 27 octobre, 11', 2006, VOSE)
Cinétract creado para o programa Fuori orario da Rai Tre italiana, co gallo do centenario do nacemento de Roberto Rossellini.

Joachim Gatti (Joachim Gatti, variation de lumière, 2', 2009, VOSE)
Peza breve lida polo propio Straub en tributo a Gatti, que perdeu un ollo nunha manifestación. O texto provén do Discurso sobre el origen y los fundamentos de la desigualdad entre los hombres (1754) de Jean-Jacques Rousseau.

Corneille — Brecht (Corneille — Brecht ou Rome l'unique objet de mon ressentiment, 21', 2009, VOSE)
Unha moza está de costas a unha fiestra. Na rúa, o son lonxano de coches e voces enche o aire, mentres a muller recita un texto, unhas liñas escritas por Pierre Corneille. Logo vémola recitando unha morea de papeis pertencentes a El proceso de Lucullus de Bertolt Brecht. O presente bate co empurre do pasado.

O somma luce (O somma luce, 19', 2010, VOSE)
En base aos últimos versos do Paraíso de La divina comedia de Dante Alighieri, Straub extende as intencións didáctico/exploratorias que xa practicaba a partir de textos de Cesare Pavese en Da nube á resistencia. Nesta oportunidade, a meditación circula arredor da repetición, a luz e a ausencia, valéndose do xenio de Edgar Varèse para unha introdución de ton lúgubre, para que o que lle segue sexa pura luz e sublimación.

Chacais e árabes (Schakale und Araber, 11', 2011, VOSE)
Un viaxeiro europeo, acompañado de guías árabes, acampa no desierto. Cando se fai de noite e os guías están a distancia, o viaxeiro é visitado por chacais que falan. Adaptación do relato homónimo de Franz Kafka.

  • Título orixinal: Europa 2005 — 27 octobre + Joachim Gatti, variation de lumière + Corneille — Brecht ou Rome l'unique objet de mon ressentiment + O somma luce + Schakale und Araber
  • Dirección: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub
  • Guión: Danièle Huillet, Jean-Marie Straub