Cineuropa 2022 - Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago

  • Estrenos
  • DCP2K
  • VG

Cineuropa 2022 - Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago

Ferrín arraiano

Aser Álvarez | 2022 | DOC | 30 min.

Xosé Luís Méndez Ferrín e Aser Álvarez, o director desta curtametraxe documental, coñecéronse persoalmente en Vilanova dos Infantes, Ourense, na casa familiar do autor, hai máis de vinte anos. Alí forxouse unha fonda amizade que perdura no tempo e que mesmo é o punto de partida desta peza audiovisual, na que Ferrín fala sobre a súa vida, a súa obra e tamén sobre as cousas que máis lle interesan.

 

Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z

Aser Álvarez | 2022 | DOC | 51 min.

Un orixinal percorrido pola vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, explorando todas as posibilidades da linguaxe audiovisual, a través das palabras, os poemas, as paisaxes de Valdeorras e as achegas dos seus biógrafos, familiares, veciños e amigos.

 

A orixe do Camiño de Santiago

Andrea Barrán e Aser Álvarez | 2022 | DOC | 12 min.

Existen moitos xeitos de percorrer o Camiño de Santiago; un deles é a ruta do mar de Arousa e Ulla, que atravesa Galicia por un itinerario marítimo e fluvial. Esta ruta considérase o paso orixinal polo que os restos do Apóstolo chegaron a Santiago.

  • Título original: Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago
  • Duración: 93 minutos
  • Idioma original: Gallego
  • Dirección: Andrea Barrán, Aser Álvarez
  • Guión: Andrea Barrán, Aser Álvarez