Cineuropa 2022 - Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago
- Estrea
- DCP2K
- VG
Cineuropa 2022 - Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago
- Cineuropa 2022
- Estrea
- DCP2K
Ferrín arraiano
Aser Álvarez | 2022 | DOC | 30 min.
Xosé Luís Méndez Ferrín e Aser Álvarez, o director desta curtametraxe documental, coñecéronse persoalmente en Vilanova dos Infantes, Ourense, na casa familiar do autor, hai máis de vinte anos. Alí forxouse unha fonda amizade que perdura no tempo e que mesmo é o punto de partida desta peza audiovisual, na que Ferrín fala sobre a súa vida, a súa obra e tamén sobre as cousas que máis lle interesan.
Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z
Aser Álvarez | 2022 | DOC | 51 min.
Un orixinal percorrido pola vida e a obra de Florencio Delgado Gurriarán, explorando todas as posibilidades da linguaxe audiovisual, a través das palabras, os poemas, as paisaxes de Valdeorras e as achegas dos seus biógrafos, familiares, veciños e amigos.
A orixe do Camiño de Santiago
Andrea Barrán e Aser Álvarez | 2022 | DOC | 12 min.
Existen moitos xeitos de percorrer o Camiño de Santiago; un deles é a ruta do mar de Arousa e Ulla, que atravesa Galicia por un itinerario marítimo e fluvial. Esta ruta considérase o paso orixinal polo que os restos do Apóstolo chegaron a Santiago.
- Título orixinal: Ferrín arraiano + Florencio Delgado Gurriarán do A ao Z + A orixe do Camiño de Santiago
- Duración: 93 minutos
- Idioma orixinal: Galego
- Dirección: Andrea Barrán, Aser Álvarez
- Guión: Andrea Barrán, Aser Álvarez