A hora do recreo + Dúas solucións para un problema + Solución núm. 1 + Primeiro caso, segundo caso
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
A hora do recreo + Dúas solucións para un problema + Solución núm. 1 + Primeiro caso, segundo caso
- Retrospectiva Abbas Kiarostami
- Repertorio
- DCP2K
A hora do recreo
Zang-e Tafrih | Abbas Kiarostami | 1972 | 14 min
Cando soa o timbre da escola despois de ser catigado por romper un cristal da fiestra co seu balón, o pequeno Dara regresa á súa casa. Polo camiño atopa outros nenos que xogan un partido de fútbol e non pode resistir a tentación de unirse.
Dúas solucións para un problema
Dow Rahehal Baraye yek Massaleh | Abbas Kiarostami | 1975 | 4 min
Kiarostami expón a súa tese da dobre elección ante calquera problema, cunha mirada cómica sobre como unha situación que a maioría de nós poderiamos considerar cotiá durante a nosa nenez e preadolescencia, pode abordarse de dúas formas, presentando ante o espectador dúas solucións posibles. A corta baséase na relación amistosa de dous nenos iranianos, Nader e Dara, entre os que se desata unha pelexa por un libro escolar roto.
Solución núm. 1
Rah-e hal-e yek | Abbas Kiarostami | 1978 | 11 min
Rodada nunha espectacular paisaxe de montaña ao norte de Teherán, móstranos a un mozo cun pneumático xunto á estrada que espera que alguén o leve. Tras varios minutos de intentos frustrados, simplemente colle o pneumático e faino rodar montaña abaixo. Un traxecto visual lírico acompañado por una partitura gloriosa.
Primeiro caso, segundo caso
Ghazieh-e Shekl-e Aval, Ghazieh-e Shekl-e Dou Wom | Abbas Kiarostami | 1979 | 53 min
Mentres un profesor está escribindo no encerado de costas á clase, un dos alumnos adícase a facer ruídos. Como o profesor non logra identificar o culpable, decide expulsar a un grupo de alumnos durante unha semana ata que un deles actúe de delator. No primeiro caso, aparece un aos poucos días. No segundo, ninguén di nada e esgótase o tempo de castigo. Kiarostami interroga a personalidades de renome en Irán sobre o seu punto de vista en torno a estes dous casos.
- Título orixinal: A hora do recreo + Dúas solucións para un problema + Solución núm. 1 + Primeiro caso, segundo caso
- Duración: 82 minutos
- Idioma orixinal: Persa
- Dirección: Abbas Kiarostami
- Guión: Abbas Kiarostami, Massud Madani
- Produtora: Kanun-e Parvaresh-e Fekri Kukadan va Nuyavanan
- Distribuidora: Avalon