Güeros

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Güeros

  • Estrea
  • DCP2K
Güeros é unha road-movie na que os viaxeiros apenas dan saído da cidade. Unha comedia sobre a chegada á madurez que rende homenaxe á nova vaga francesa, filmada en branco e negro en formato 4:3. Sendo un filme un tanto inusual, Güeros comeza cun tipo de explosión ben orixinal: unha bomba de auga estoupa nun carriño de bebé. Foi lanzada polo adolescente Tomás desde un bloque de pisos. Posto que o rapaz non lle crea máis ca problemas á súa nai, ela mándao a casa do seu irmán maior, que está a estudar na Cidade de México. É 1999. Fede, tamén coñecido polos seus amigos como Sombra, vive con Santos nun prefabricado de formigón. Nesa altura están en folga contra a folga que os seus compañeiros están a organizar na Universidad Nacional Autónoma de México. Tomás trae unha casete canda el; a fita é parte do legado de seu pai e contén música de Epigmenio Cruz. Din que as súas cancións fixeron chorar a Bob Dylan, e que podería ter salvado da ruína a escena rockeira de México. Cando o trío se entera de que o seu ídolo está no hospital, esvaecendo rápido e só, marchan nun coche enferruxado para lle rendir os seus últimos respectos a esta outrora estrela do rock.
  • Título orixinal: Güeros
  • Ano: 2014
  • Duración: 106 minutos
  • Dirección: Alonso Ruizpalacios
  • Guión: Alonso Ruizpalacios, Gibrán Portela
  • Elenco: Tenoch Huerta, Sebastián Aguirre, Ilse Salas, Leonardo Ortizgris, Raúl Briones, Laura Almela, Adrian Ladron, Camila Lora, Alfonso Charpener
  • Montaxe: Yibran Asuad, Ana García
  • Dirección de arte: Claudio Contreras
  • Son: Zulu Gonzalez
  • Música: Tomas Barreiro
  • Fotografía: Damián García
  • Produtora: Catatonia Filmes, Conaculta, FOPROCINE, Postal Producciones
  • Distribuidora: Good Films
2014: Festival de Berlín: Mellor ópera prima 2014: Festival de San Sebastián: Mellor filme latinoamericano 2014: Festival de Tribeca: Mellor fotografía e mellor novo director 2014: Premios Ariel: 12 nominacións incluíndo Mellor filme e director 2014: Premios Fénix: Nominado a Mellor música orixinal