Güeros
- Estrea
- DCP2K
- VO
Güeros
- Estrea
- DCP2K
Güeros é unha road-movie na que os viaxeiros apenas dan saído da cidade. Unha comedia sobre a chegada á madurez que rende homenaxe á nova vaga francesa, filmada en branco e negro en formato 4:3. Sendo un filme un tanto inusual, Güeros comeza cun tipo de explosión ben orixinal: unha bomba de auga estoupa nun carriño de bebé. Foi lanzada polo adolescente Tomás desde un bloque de pisos. Posto que o rapaz non lle crea máis ca problemas á súa nai, ela mándao a casa do seu irmán maior, que está a estudar na Cidade de México. É 1999. Fede, tamén coñecido polos seus amigos como Sombra, vive con Santos nun prefabricado de formigón. Nesa altura están en folga contra a folga que os seus compañeiros están a organizar na Universidad Nacional Autónoma de México. Tomás trae unha casete canda el; a fita é parte do legado de seu pai e contén música de Epigmenio Cruz. Din que as súas cancións fixeron chorar a Bob Dylan, e que podería ter salvado da ruína a escena rockeira de México. Cando o trío se entera de que o seu ídolo está no hospital, esvaecendo rápido e só, marchan nun coche enferruxado para lle rendir os seus últimos respectos a esta outrora estrela do rock.
- Título orixinal: Güeros
- Ano: 2014
- Duración: 106 minutos
- Dirección: Alonso Ruizpalacios
- Guión: Alonso Ruizpalacios, Gibrán Portela
- Elenco: Tenoch Huerta, Sebastián Aguirre, Ilse Salas, Leonardo Ortizgris, Raúl Briones, Laura Almela, Adrian Ladron, Camila Lora, Alfonso Charpener
- Montaxe: Yibran Asuad, Ana García
- Dirección de arte: Claudio Contreras
- Son: Zulu Gonzalez
- Música: Tomas Barreiro
- Fotografía: Damián García
- Produtora: Catatonia Filmes, Conaculta, FOPROCINE, Postal Producciones
- Distribuidora: Good Films
2014: Festival de Berlín: Mellor ópera prima
2014: Festival de San Sebastián: Mellor filme latinoamericano
2014: Festival de Tribeca: Mellor fotografía e mellor novo director
2014: Premios Ariel: 12 nominacións incluíndo Mellor filme e director
2014: Premios Fénix: Nominado a Mellor música orixinal