Informe general II. El nuevo rapto de Europa
- Estrea
- DCP2K
- TODOS OS PÚBLICOS
- VOSE
Informe general II. El nuevo rapto de Europa
- Estrea
- DCP2K
- TODOS OS PÚBLICOS
A partir dun encontro entre intelectuais e movementos sociais para debater un novo proxecto europeo, o filme presenta unha complexa trama de plataformas cidadás, institucións en reinvención e procesos sociais cambiantes. Informe general II defende a función da cultura como espazo para interrogar o presente e o papel do museo como institución pública desde a que pensar cales son os nosos relatos, herdados e próximos, e que tipo de suxeito pode apropiarse destas narracións e proxectalas cara ao futuro. A ciencia, os colectivos cidadáns, os movementos de base e as redes complementan a institución cultural, debuxando un panorama de incerteza que o filme de Portabella mostra e, ao mesmo tempo, cuestiona.
- Título orixinal: Informe general II. El nuevo rapto de Europa
- Ano: 2015
- Duración: 126 minutos
- Dirección: Pere Portabella
- Guión: Pere Portabella
- Participación: Quim Arrufat, Zdenka Badovinac, Manuel Borja-Villel, Íñigo Errejón, David Fernàndez, Carme Forcadell, Marina Garcés, Itziar González Virós, Toni Negri, Marcos Portabella Arnús
- Montaxe: Òskar Gómez
- Son: Albert Manera
- Fotografía: Elisabeth Prandi
- Produtora: Films 59
- Distribuidora: Films 59