La flaca Alejandra
- Repertorio
- DCP2K
- VO
La flaca Alejandra
- Cineuropa 2023
- Repertorio
- DCP2K
Marcia Merino, máis coñecida como “la flaca Alejandra”, foi dirixente dunha célula do MIR. A policía de Pinochet (DINA, Dirección de Intelixencia Nacional) deuna transformado en colaboradora a través da tortura. Foi ela quen, entre outros, delatou a Carmen Castillo, e utilizárona ademais para recoñecer os integrantes do MIR posteriormente torturados e asasinados pola DINA.
En 1992, Carmen Castillo volve a Chile para rodar este documental. É xusto daquela a época na que Marcia Merino acusa perante os tribunais os seus antigos xefes da DINA, decisión que representa un grave risco para ela, pero que á vez será unha importante contribución á memoria histórica e ao coñecemento do que representou formar parte da DINA e da ditadura.
- Título orixinal: La flaca Alejandra
- Ano: 1994
- Duración: 57 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Carmen Castillo, Guy Girard
- Guión: Carmen Castillo
- Montaxe: Annick Breuil
- Fotografía: Maurice Perrimond
- Produtora: Ina, France 3 (FR 3), Channel 4