Os 400 golpes

  • Repertorio
  • DCP2K
  • Todos os públicos
  • VOSE

Os 400 golpes

  • Repertorio
  • DCP2K
  • Todos os públicos
  • VOSE

Con só catorce anos, Antoine Doinel non pode evitar ser testemuña tanto das liortas conxugais dos seus pais coma das esixencias dun profesor ruín. Un día, asustado por non cumprir un castigo que lle impuxo o mestre, lata á escola co seu amigo René. Sen querelo, ve a súa nai acompañada por outro home; a culpa e o medo enléano nunha espiral de mentiras que van ao pouco furando o seu ánimo. Desexando fuxir de todos os seus problemas, soña con coñecer o mar e traza con René un plano de fuga.

  • Título orixinal: Les 400 coups
  • Ano: 1959
  • Duración: 92 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: François Truffaut
  • Guión: François Truffaut
  • Elenco: Jean-Pierre Léaud, Claire Maurier, Albert Rémy, Guy Decomble, Georges Flamant, Patrick Auffay
  • Montaxe: Marie-Josèphe Yoyotte
  • Dirección de arte: Raymond Lemoigne
  • Son: Jean-Claude Marchetti
  • Música: Jean Constantin
  • Fotografía: Henri Decaë
  • Produtora: Les Films du Carrosse
  • Distribuidora: Avalon
Oscar 1959 (Nomeado a mellor guión orixinal), Cannes 1959 (Mellor dirección), New York Film Festival 1959 (Mellor filme estranxeiro)