Libreiros de Nova York
- Estrea
- Online
- TP
- VOSE
Libreiros de Nova York
- NUMAX na casa
- Estrea
- Online
- TP
Libreiros de Nova York é unha carta de amor á cultura do libro, con entrevistas a algúns dos máis importantes coleccionistas, poxadores e escritores. O filme tamén examina o impacto da tecnoloxía no comercio, o valor dos libros como obxectos físicos, o declive das librarías, a obsesión por coleccionar e a implacábel busca do vindeiro grande achádego. O documental de D.W. Young tivo a súa première mundial no New York Film Festival e aproxímanos ás librarías especializadas en obras antigas e de coleccionistas, un mundo pequeno e fascinante poboado por soñadores, intelectuais, excéntricos e obsesivos.
O filme terá unha preestrea exclusiva o 23 de abril coincidindo coa celebración do Día do Libro. Poderá verse desde as 16:00 até a medianoite por só 1€ introducindo o código salavirtualnumax.
***
Coa colaboración de A Contracorriente Films
- Título orixinal: The Booksellers
- Ano: 2019
- Duración: 99 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: D.W. Young
- Participación: Fran Lebowitz, Rebecca Romney, Susan Orlean, Gay Talese, Nancy Bass Wyden, Nicholas D. Lowry, Zack Hample, Rob Warren, Stephen Massey, Saúl Roll, John Wronoski, Ed Maggs, William Reese, Naomi Hample, Erik DuRon
- Montaxe: D.W. Young
- Música: David Ullmann
- Fotografía: Peter Bolte
- Produtora: Blackletter Films (Estados Unidos)
- Distribuidora: A Contracorriente