Los caballos mueren al amanecer
- Os ollos verdes
- DCP2K
- TP
- VO
Los caballos mueren al amanecer
- Os ollos verdes. O cinema inédito de NUMAX
- Os ollos verdes
- DCP2K
- TP
Cando Ione, a directora do filme, entra a vivir na casa dos defuntos irmáns García, descobre que as súas vidas continúan latentes nos obxectos que deixaron. Un piano, centos de debuxos, miles de fotos ou un montón de casetes serven para debuxar as personaxes deste filme. Antonio era un debuxante de cómics na editorial Bruguera, Rosita era cantante de ópera e pianista. Xunto co seu irmán Juanito, converteron o seu fogar nun espazo de creación e ficción desde o que escapar da realidade gris da ditadura franquista. Entre as paredes da súa casa, os García convertéronse en estrelas de cinema clásico, soldados da segunda guerra mundial, gángsters, astronautas, heroínas de ciencia ficción, vaqueiros solitarios nunha eterna viaxe ao oeste...a súa memoria alberga a historia do século XX. Anos máis tarde, xa con novos habitantes, a casa segue sendo un lugar onde a vida pode ser doutro xeito.
- Título orixinal: Los caballos mueren al amanecer
- Ano: 2022
- Duración: 80 minutos
- Idioma orixinal: Español e Catalán
- Dirección: Ione Atenea
- Guión: Ione Atenea, Diana Toucedo
- Montaxe: Diana Toucedo
- Fotografía: Ione Atenea
- Distribuidora: Hiruki Filmak