O león dorme esta noite

  • Estrea
  • DCP2K
  • VOSG

O león dorme esta noite

  • Estrea
  • DCP2K

Jean, un nomeado actor de cinema, é convocado a unha rodaxe no sur de Francia, moi preto da casa en que coñeceu na súa xuventude a Juliette, o grande amor da súa vida. Durante un descanso, aproveita para visitar unha amiga e percorrer os espazos de antano. Un grupo de nenos interrompe de súpeto a nostalxia que o axexa: preparan un filme de terror nas súas vacacións e comezan a perseguilo porque queren que Jean o protagonice. Este encontro, entre o que fora protagonista d'Os 400 golpes e os seus rebuldeiros sucesores, desencadea un conto fantástico inesperado e revelador bañado polo toque oriental característico do seu autor.

  • Título orixinal: Le lion est mort ce soir
  • Ano: 2017
  • Duración: 103 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Nobuhiro Suwa
  • Elenco: Jean-Pierre Léaud, Pauline Etienne, Maud Wyler, Arthur Harari, Isabelle Weingarten, Noë Sampy, Jean-Louis Berard
  • Montaxe: Martial Salomon
  • Dirección de arte: Inès De La Bevière
  • Son: Floren Klockenbring, Emmanuel Croset
  • Música: Olivier Marguerit
  • Fotografía: Tom Harari
  • Produtora: FILM-IN-EVOLUTION, Les Productions Balthazar, Bitters End (Francia-Xapón)
  • Distribuidora: NUMAX Distribución
Donostia 2017 (Sección oficial)