Curtocircuíto 2015<br>Foco: O Som e a Fúria
- Estrea
Curtocircuíto 2015<br>Foco: O Som e a Fúria
- Estrea
MARTES 6 DE OUTUBRO — 20:00
FOCO: O SOM E A FÚRIA 1
Remains
Restos
Sandro Aguilar | 2002 | Portugal | 12:00 | EXP | COL
Todo ameaza con crebarse, mais esta marcha devoradora tivo lugar hai moito tempo. Non hai lamentos na peza próximo, o vento xa deixou de soprar nas escaleiras, as partículas de ar arremeten unhas contra outras, pero todo está baleiro.
Produción: O SOM E A FÚRIA, CURTAS METRAGENS CLR
Distribución: Agência | [email protected]
Nuvem
Nube
Basil Da Cunha | 2011 | Portugal | 30:00 | FIC | COL
Nube, un home novo con tendencia a deambular e soñar esperto, vive no centro do barrio crioulo de Lisboa. Nesta corte dos milagres, onde os vellos peixeiros desdentados se xuntan cos rapeiros, Nube é o tonto da vila. Con escasa disposición para traballar, gústalle a compaña de cans e pallasos. Ante a indiferenza da camareira da que está namorado e o desprezo dos seus colegas, Nube decide poñerse a buscar o misterioso peixe lúa.
Produción: O SOM E A FÚRIA, THERA ProduciónS, BOX ProduciónS
Distribución: Agência | [email protected]
Entretanto
Entrementres
Miguel Gomes | 1999 | Portugal | 25:00 | FIC | COL
Os pais e mestres non están. Entrementres, unha rapaza e dous rapaces forman un trío amoroso. Rui, Nuno e Rita cruzan tres espazos e tempos diferentes para estar sós. Un partido de rugby, unha festa na piscina, a praia. Un equilibrio inestable –o trío está demasiado preto de ser un triángulo. Entrementres, é a hora da fascinación. A Rui gústalle Rita, Nuno ou só a diversión que todo implica? A Nuno gústalle Rita e depende de Rui? Rita é a xogadora pasiva neste xogo. Gústalle alguén?
Produción: O SOM E A FÚRIA
Distribución: Agência | [email protected]
XOVES 8 DE OUTUBRO — 22:00
FOCO: O SOM E A FÚRIA 2
Gambozinos
Biosbardos
João Nicolau | 2012 | Portugal | 20:00 | FIC | COL
Un neno de dez anos ten que enfrontarse ás loitas da vida no campamento de verán. Non é fácil ser ignorado pola rapaza que lle roubou o corazón ou ver o seu dormitorio destrozado por matóns adolescentes. Afortunadamente, os biosbardos seguen agochados no monte.
Produción: O SOM E A FÚRIA, LES FILMS DU BÉLIER
Distribución: Agência | [email protected]
False twins
Falsos xemelgos
Sandro Aguilar | 2014 | Portugal | 21:00 | EXP | COL
Lembranzas escondidas e tesouros perdidos dos habitantes primitivos.
Produción: O SOM E A FÚRIA
Distribución: Agência | [email protected]
Cántico das criaturas
Miguel Gomes | 2006 | Portugal | 24:00 | FIC | COL
Asís, 2005: un trobador percorre as rúas da vila natal de San Francisco de Asís, cantando e tocando o Cántico do Irmán Sol ou Cántico das Criaturas, composto por San Francisco no inverno de 1224. Bosques de Umbría, 1212: durante unha predicación aos paxaros, San Francisco de súpeto se desmaia. Reanimado por Santa Clara, o santo está ausente, ten unha actitude estraña e non se lembra de nada. Cando cae a noite, os animais do bosque cantan e eloxian a Francisco, mais este amor que cantan os animais leva a un sentimento de posesión, un desexo de exclusividade que adoita coñecerse como celos.
Produción: O SOM E A FÚRIA
Distribución: Agência | [email protected]
O velho do restelo
O vello de Belén
Manoel de Oliveira | 2014 | Portugal | 20:00 | FIC | COL
Unha inmersión libre e desalentadora na historia tal e como a coñecemos, coma un sedimento fértil na memoria de Manoel de Oliveira. No banco dun parque do século XXI, Oliveira reúne a Don Quixote co poeta Luís Vaz de Camões e os novelistas Teixeira de Pascoaes e Camilo Castelo Branco. Xuntos, empurrados por ondas de pensamento telúricas, deambulan entre o pasado e o presente, a gloria e a derrota, o baleiro e a alienación, perseguindo a estrela máis difícil de alcanzar.
Produción: O SOM E A FÚRIA, EPICENTRE FILMS
Distribución: Agência | [email protected]
- Título orixinal: Curtocircuíto 2015<br>Foco: O Som e a Fúria