
Sen teito nin lei
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Pases únicos 21 e 23 de xullo
Sen teito nin lei
- 10/10: As espectadoras presentan
- Repertorio
- DCP2K
Mona (Sandrine Bonnaire) é unha moza vagabunda atopada morta nun foxo. A súa historia recente seranos contada en flashbacks. Así coñecemos os seus últimos meses de vida, o seu desarraigo social e as súas relacións coa xente que coñeceu.
O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso a programadora e presentadora das sesións é Lucía Amoedo.
- Título orixinal: Sans toit ni loi
- Ano: 1985
- Duración: 105 minutos
- Idioma orixinal: Francés
- Dirección: Agnès Varda
- Guión: Agnès Varda
- Elenco: Sandrine Bonnaire, Macha Méril, Yolande Moreau, Stéphane Freiss, Marthe Jarnias, Joël Fosse, Yahiaoui Assouna
- Música: Joanna Bruzdowicz
- Fotografía: Patrick Blossier
- Produtora: Films A2, Ciné Tamaris, Centre Méditerranéen de Création Cinématographique, Film 4, Ministère de la Culture
- Distribuidora: Avalon
Venecia 1985 (León de Ouro ao mellor filme), César 1985 (Mellor actriz: Sandrine Bonnaire), Asociación de Críticos de Los Angeles 1986 (Mellor actriz: Bonnaire e Mellor filme estranxeiro)



