Sen teito nin lei

  • Repertorio
  • DCP2K
  • VOSE
Pases únicos 21 e 23 de xullo

Sen teito nin lei

Mona (Sandrine Bonnaire) é unha moza vagabunda atopada morta nun foxo. A súa historia recente seranos contada en flashbacks. Así coñecemos os seus últimos meses de vida, o seu desarraigo social e as súas relacións coa xente que coñeceu.

O filme terá dúas proxeccións no ciclo 10/10. As espectadoras presentan no que, dentro da celebración do décimo aniversario da cooperativa, convidamos as dez usuarias máis habituais da sala a seleccionar e programar unha película. Neste caso a programadora e presentadora das sesións é Lucía Amoedo.

  • Título orixinal: Sans toit ni loi
  • Ano: 1985
  • Duración: 105 minutos
  • Idioma orixinal: Francés
  • Dirección: Agnès Varda
  • Guión: Agnès Varda
  • Elenco: Sandrine Bonnaire, Macha Méril, Yolande Moreau, Stéphane Freiss, Marthe Jarnias, Joël Fosse, Yahiaoui Assouna
  • Música: Joanna Bruzdowicz
  • Fotografía: Patrick Blossier
  • Produtora: Films A2, Ciné Tamaris, Centre Méditerranéen de Création Cinématographique, Film 4, Ministère de la Culture
  • Distribuidora: Avalon
Venecia 1985 (León de Ouro ao mellor filme), César 1985 (Mellor actriz: Sandrine Bonnaire), Asociación de Críticos de Los Angeles 1986 (Mellor actriz: Bonnaire e Mellor filme estranxeiro)