Curtocircuíto 2019: Terra | Nacho Alonso

  • Estrea
  • VO

Curtocircuíto 2019: Terra | Nacho Alonso

XOVES 3 DE OUTUBRO | 20:00 | 15 min 57 seg

The Hum. O son que provocan as vibracións dende o centro galáctico
Nacho Alonso | 2015 | 01:13 | España | FIC | COR

Quixen gravar en vídeo un lugar que fotografara outras veces, un espazo negativo na zona portuaria de Vigo. Os baixos fondos. A idea de comezar coa imaxe conxelada é unha certeza sobrevida na cama. É importante o son que produce o xerador e a reverberación que permanece despois de apagarse. O título escóitoo unha madrugada de sono lixeiro na casa dunha amiga afeccionada a documentais sobre realidades paralelas. The Hum. O son que provocan as vibracións dende o centro galáctico. Incorporeime, parei o vídeo e souben de inmediato que ese sería o título desta peza.

Apertura. A imaxe da mañá como a dun recomezo, unha apertura
Nacho Alonso | 2017 | 04:31 | España | FIC | COR

A droga expúlsate a lugares estraños. A imaxe da mañá como a dun reinicio, unha apertura. Un home séntase, mira cara o horizonte e sabe que está morto.

FCKR
Nacho Alonso | 2018 | 10:13 | España | DOC | COR

Pasei uns meses marabillosos en Berlín. Todas as fines de semana, a dous pasos de casa, deslizábame cunhas moedas no peto ata a sala de concertos da K19 en Kreutzigerstrasse. Quen tocaba era o de menos. Noise. Hardcore. Punk. Unha desas veces levei unha pequena cámara mini dv e gravei con ela o final do concerto dunha banda de Leipzig: FCKR. O resultado desa gravación é este breve documento.

  • Título orixinal: Curtocircuíto 2019: Terra | Nacho Alonso
  • Idioma orixinal: Español