
A mancha + Suspense
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
A mancha + Suspense
- Pioneiras
- Repertorio
- DCP2K
Arranca o ciclo "Pioneiras" no que recuperamos a obra de mulleres que, ademais de seren fundamentais na creación da linguaxe do cinema, abriron camiño para moitas cineastas que viñeron despois.
Suspense
Lois Weber / Phillips Smalley | 1913 | 10 min
Extraordinaria curtametraxe protagonizada pola propia Lois Weber na que, partindo do intento de rapto dunha muller e o seu neno, a cineasta demostra o seu dominio da narración cinematográfica, cun uso pioneiro da montaxe e o encadre.
A mancha
Lois Weber / Phillips Smalley | 1921 | 94 min
Sutil melodrama doméstico rodado e ambientado durante a crise de 1921 que denuncia os baixos salarios dos docentes ao tempo que pon en evidencia a estreita relación entre o matrimonio e o futuro económico das mulleres. O filme converteu en estrelas a Claire Windsor e Louis Calhern.
- Título orixinal: The Blot + Suspense
- Ano: 1921
- Duración: 104 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Lois Weber
- Guión: Lois Weber
- Produtora: Lois Weber Productions


