Unha muller de París
- Repertorio
- DCP2K
- VOSE
Unha muller de París
- Cinema + 100
- Repertorio
- DCP2K
Melodrama que denuncia a hipocrisía e os prexuízos morais da sociedade a través da historia de Marie St. Clair (Edna Purviance), unha sinxela moza dunha pequena vila francesa namorada dun pintor. Primeiro drama do mestre Chaplin que dirixiu para a United Artists, produtora e distribuidora creada entre outros por el mesmo.
O pase terá lugar 100 anos despois da primeira proxección d'Unha muller de París, celebrada o 26 de setembro de 1923.
- Título orixinal: A Woman of Paris: A Drama of Fate
- Ano: 1923
- Duración: 84 minutos
- Idioma orixinal: Inglés
- Dirección: Charles Chaplin
- Guión: Charles Chaplin
- Elenco: Edna Purviance, Clarence Geldart, Carl Miller, Lydia Knott, Charles K. French, Adolphe Menjou
- Montaxe: Monta Bell, Charles Chaplin
- Música: Louis F. Gottschalk, Charles Chaplin
- Fotografía: Roland Totheroh, Jack Wilson (B&W)
- Produtora: Charles Chaplin, Regent.
- Distribuidora: United Artists