Videofilia (y otros síndromes virales)
- Os ollos verdes
- DCP 2K
- +18
- español
Videofilia (y otros síndromes virales)
- Os ollos verdes
- DCP 2K
- +18
Coma se se esparexeran pingas de ácido pola pantalla, as imaxes de Videofilia (y otros síndromes virales) vanse desintegrando cara a un abismo no que a realidade e o virtual converxen nun único plano.
Seguindo o devir duns mozos do arrabaldo de Lima, Juan Daniel F. Molero traza unha viaxe alucinóxena na que a hibridación da linguaxe cinematográfica co audiovisual dá lugar a unha estética amorfa e palpitante que sempre se mantén fiel ás pulsións da rede. Cunha insolencia de agradecer que afasta o filme dese didactismo tan cotiá nos discursos sobre mocidade, tecnoloxía e comunicación. Videofilia... convértese nunha experiencia anárquica e conspiranoica asemade que conserva o seu espírito narrativo. Unha portentosa e mesmo divertida reivindicación das posibilidades do píxel e do ronsel que deixa tras de si a imaxe fermosamente corrompida polo dixital. (Andrea Morán)
- Título orixinal: Videofilia (y otros síndromes virales)
- Ano: 2015
- Duración: 102 minutos
- Dirección: Juan Daniel F. Molero
- Guión: Juan Daniel F. Molero
- Elenco: Muki Sabogal, Terom, Liliana Albonoz, Michel Lovón, José Alegría
- Montaxe: Juan Daniel F. Molero
- Dirección de arte: Rodrigo Núñez Mas
- Son: Seiji Shimabukuro, Carlos Gutiérrez Quiroga
- Música: Carlos Gutiérrez Quiroga
- Fotografía: Omar Quezada Beltrán
- Produtora: Tiempo Libre Studio (Perú)
- Distribuidora: Juan Daniel F. Molero