Zama
- Estrea
- DCP2K
- VO
Zama
- Cineuropa 2017
- Estrea
- DCP2K
Diego de Zama, funcionario da administración colonial, agarda un barco que traia unha carta coa súa promoción para así volver a casa. Pero o tempo pasa, os gobernadores mudan e a carta nunca chega. Aproxímense á nova película da arxentina Lucrecia Martel como a unha experiencia meta-cinematográfica. Porque o que parecía suicida -adaptar a novela de Antonio Dei Benedetto- convértese nun proceso de inmersión na irrealidade. Como o propio Zama, que encarna Daniel Giménez-Cacho, a ausencia dun eixo temporal ou narrativo consolidado vai desnortando: mergúllanos nun estado de atordamento, envolvidos nesa atmosfera febril onde é imposible separar o soñado do real. É Zama, obra de natureza semella que irrepetible. Se queren unha verdadeira incrustación no interior da historia, atrévanse a esta viaxe equinoccial e paranoica. Cinema áureo, arriscado, polo cal se atreveron a apostar, entre outros, os irmáns Almodóvar a través de El Deseo.
- Título orixinal: Zama
- Ano: 2017
- Duración: 115 minutos
- Idioma orixinal: Español
- Dirección: Lucrecia Martel
- Guión: Lucrecia Martel (novela de Antonio di Benedetto)
- Elenco: Daniel Gimenez Cacho, Lola Dueñas, Matheus Nachtergaele, Juan Minujín, Mariana Nunes, Rafael Spregelburd, Daniel Veronese
- Montaxe: Miguel Schverdfinger, Karen Harley
- Fotografía: Rui Poças
- Produtora: Rei Cine, Bananeira Filmes, El Deseo, Patagonik, MPM Film, Canana, Lemming Film, KNM, O Som e a Fúria, Louverture Films, Schortcut Films, Telecine, Bertha Foundation, Perdomo Productions, Picnic Producciones, Punta Colorada de Cinema (Arxentina)