Zama

  • Estrea
  • DCP2K
  • VO

Zama

Diego de Zama, funcionario da administración colonial, agarda un barco que traia unha carta coa súa promoción para así volver a casa. Pero o tempo pasa, os gobernadores mudan e a carta nunca chega. Aproxímense á nova película da arxentina Lucrecia Martel como a unha experiencia meta-cinematográfica. Porque o que parecía suicida -adaptar a novela de Antonio Dei Benedetto- convértese nun proceso de inmersión na irrealidade. Como o propio Zama, que encarna Daniel Giménez-Cacho, a ausencia dun eixo temporal ou narrativo consolidado vai desnortando: mergúllanos nun estado de atordamento, envolvidos nesa atmosfera febril onde é imposible separar o soñado do real. É Zama, obra de natureza semella que irrepetible. Se queren unha verdadeira incrustación no interior da historia, atrévanse a esta viaxe equinoccial e paranoica. Cinema áureo, arriscado, polo cal se atreveron a apostar, entre outros, os irmáns Almodóvar a través de El Deseo.

  • Título orixinal: Zama
  • Ano: 2017
  • Duración: 115 minutos
  • Idioma orixinal: Español
  • Dirección: Lucrecia Martel
  • Guión: Lucrecia Martel (novela de Antonio di Benedetto)
  • Elenco: Daniel Gimenez Cacho, Lola Dueñas, Matheus Nachtergaele, Juan Minujín, Mariana Nunes, Rafael Spregelburd, Daniel Veronese
  • Montaxe: Miguel Schverdfinger, Karen Harley
  • Fotografía: Rui Poças
  • Produtora: Rei Cine, Bananeira Filmes, El Deseo, Patagonik, MPM Film, Canana, Lemming Film, KNM, O Som e a Fúria, Louverture Films, Schortcut Films, Telecine, Bertha Foundation, Perdomo Productions, Picnic Producciones, Punta Colorada de Cinema (Arxentina)