Un ano máis, e xa van dez, estamos moi felices de sermos unha das sedes da MICE — Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que organiza o Museo do Pobo Galego e neste 2026 cumpre a súa 21ª edición. As citas deste ano en NUMAX terán lugar o xoves 12, venres 13 e sábado 14 de marzo, con tres sesións dedicadas a Maddi Barber.