O amor nos escuros días de Birkenau
É o amor a mellor arma para loitar contra a barbarie da sinrazón humana? Pode alguén confiar na bondade dese sentimento nun lugar onde hai que pelexar cos seres máis queridos por respirar a última burbulla de osíxeno que fica nas cámaras de gas? Estas son algunhas das preguntas que asaltaron a Thomas Münch pouco tempo despois de coñecer a Irene Rosenthal na fábrica de munición dos campos de exterminio de Auschwitz, a onde acudía regularmente a cortarlles o cabelo ás presas. O perruqueiro berlinés confiaba en que só ese sentimento podía levalo a esquecer a xenreira que sentía cara aos xudeus para implicarse nunha revolución que os afastase do inferno de Birkenau. Mais sempre pairaba sobre el a mesma dúbida: era realmente posible o amor en Birkenau?
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 304 |
- Dimensións: 145x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-9121-050-4 |