Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Holberg, Ludvig

A viaxe subterránea de Niels Klim

Ludvig Holberg non quería publicar A viaxe subterránea de Niels Klim: temía as críticas iradas que lle puidesen chegar dende os ambientes académicos de Copenhaguen, como xa lle acontecera coas súas comedias. Ao cabo, consentiu en publicar a novela, a condición de que fose no estranxeiro e baixo pseudónimo; tal aconteceu en 1741. O autor escandinavo deixou escrito que, pola súa pedagoxía, se trataba dunha «novela filosófica». Baseándose na ficción, Holberg quixo compendiar nela a súa filosofía moral e, ao tempo, pretendeu construír un sistema ético proveitoso para o xénero humano. A narración alicérzase na sátira e no humor, trazos que o escritor deprendeu dos clásicos latinos, da commedia dell’arte italiana e das obras de Molière; un bo exemplo disto é o contraste entre os costumes dos seres do mundo subterráneo e os habitantes da superficie.

A viaxe subterránea de Niels Klim é, en multitude de aspectos, unha prima carnal de As viaxes de Gulliver (1726) do británico Jonathan Swift. Así mesmo, forma parte do selecto conxunto de obras que inspiraron a ciencia ficción e a fantasía modernas. Cabe sinalar, como curiosidade, que moi probablemente Tolkien se inspirou nesta peza para crear a raza dos ents na súa magna obra O señor dos aneis.
  • Editorial: Huguin e Munin |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-945403-8-7 |