Horarios: luns a sábado de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Dispoñible en 7/15 días

Powell, Martin

Carapuchiña vermella

O guionista Martin Powell e o debuxante Víctor Rivas (Vigo, 1965) revisitan un auténtico clásico, que xorde na mente de calquera ao mencionar tan só cinco palabras: nena, avoa, bosque, flores e lobo. Procedente da tradición oral, o conto acadou gran popularidade e difusión a partir das versións de Perrault –a quen se lle debe precisamente a incorporación da famosa carapucha– e dos Grimm, ás que seguiron moitas outras, responsables en conxunto da súa lectura infantil.
Esta novidosa versión amosa a pericia de Powell ao adaptar coñecidas historias, e a versatilidade de Rivas e o seu coidado na creación de ambientes e personaxes.
  • Editorial: El Patito Editorial |
  • Ano: 2010 |
  • Páxinas: 34 |
  • Dimensións: 160x240 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Soto, Isabel |
  • Ilustración: Rivas, Víctor |
  • ISBN: 978-84-938225-0-7 |