Cara de velocidade
X PREMIO INTERNACIONAL CIDADE DE ORIHUELA DE POESÍA
Dou pasos
de xigante.
Son unha exploradora
do asfalto
en busca dun botín
[Fragmento do poema titulado En busca do botín]
Cara de velocidade é o resultado de acudir á literatura
como bálsamo, refuxio e bitácora da superación de «H».
Neste poemario están presentes os seus avances en forma
de pasos de xigante e a satisfacción do retorno ao fogar logo
dunha convalecencia; a enfermidade toma forma de monstro
ao que se desafía, co que se dialoga e convive; e sobre todo,
a vida cotiá afróntase con humor, fortaleza, optimismo
e imaxinación fronte á adversidade.
A superheroína con superpoderes que protagoniza estes versos urbanos ten a capacidade de converter a hora de comer nun xogo disparatado ou nunha festa con improvisados instrumentos musicais; e dun accidente caseiro xorde a excusa perfecta
para fantasear con fascinantes peripecias, trascendendo
as súas consecuencias negativas.
Marga Tojo proxecta nela os seus temores e ledicias,
ou inquedanzas cotiás que, a través do filtro literario, chéganos baixo o punto de vista infantil, cargadas de divertidas metáforas

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 48 |
- Dimensións: 150x235 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8464-376-0 |