A terra prometida
Un emigrante galego na Europa dos anos sesenta lembra a súa infancia na aldea e a relación cunha noiva da cal se ten que separar. O relato, que aparece mergullado no lirismo que caracteriza a obra de Rábade Paredes, adquire un carácter simbólico, na que o sentimento da terra chega a ser totalizador. Ao final, os personaxes, que conservan sempre unha clara entidade humana, trascenden a súa propia historia e acaban convertidos en metáfora dun país, dunha xente, dun drama, dunha queixa... É precisamente esta forma de parábola a que lle outorga un significado trascendente a esta novela.
- Editorial: GALAXIA |
- Páxinas: 52 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-7154-714-9 |