Epigramas I-II
Sobre Marcial e os seus Epigramas recae o mérito de ter convertido este tipo de composición nun xénero de importancia no seo da literatura latina. Nacido no século I en Bilbilis, nas proximidades da actual Calatayud (Aragón), Marcial bota man de múltiples recursos retóricos e dunha rica variedade de asuntos para escribir estes textos que xa en vida lle proporcionaron unha gran popularidade, que o paso do tempo non fixo máis que acrecentar.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 932 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-261-1 |