Harry Potter e a Orde do Fénix
A diferencia de moitos rapaces da súa idade, Harry nunca dá gozado das vacacións de verán, e este verán é aínda peor do normal, mesmo os seus mellores amigos, Ron e Hermione, parece que o abandonaron. E xa lle chega. Comeza a pensar que debe facer algo, calquera cousa, para cambiar a súa situación, cando as vacacións chegan a súa fin dunha forma bastante dramática. O que Harry está a piques de descubrir no novo curso en Hogwarts vai poñer o seu mundo do revés.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2008 |
- Páxinas: 894 |
- Dimensións: 130x215 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Sáez Fernández, Laura |
- ISBN: 978-84-9865-132-4 |