Harry Potter e o misterio do príncipe
Mentres as malvadas forzas de Voldemort se congregan e un ambiente de tristura e medo se espalla polo país, Harry vai tendo cada vez máis claro que axiña deberá enfrontarse ao seu destino. Así e todo, estará á altura dos desafíos que ten por diante? Na aventura máis tenebrosa e impresionante de Harry Potter, J. K. Rowling comeza a desenredar habilmente a complexa trama que teceu, de xeito que imos descobrindo máis verdades sobre Harry, Dumbledore, Snape e, por suposto, O Que Non Debe Amentarse...
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2008 |
- Páxinas: 604 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: Acevedo Díaz, Carlos |
- ISBN: 978-84-9865-128-7 |