Harry Potter e o preso de Azkaban
Sirius Black acaba de fuxir do cárcere de Azkaban e parece disposto a borrar a Harry Potter do mapa. Neste novo libro das aventuras do pequeno mago, aparecen tamén uns terribles monstros con poder para eliminar as lembranzas boas de todo aquel que se atreva a miralos. J. K. Rowling volve divertir aos lectores e lectoras cunha narración na que se combina aventura, misterio e fantasía, situando a novela nun marco xa ben coñecido polos seguidores do único heroe que foi quen de vencer ao maligno lord Voldermont.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2004 |
- Páxinas: 384 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-696-1 |