Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Cunqueiro, Álvaro

No obradoiro do fabulador. Artigos en lingua galega. Faro de Vigo, 1972-1981

Reúnense neste libro practicamente todos os artigos publicados en galego por Álvaro Cunqueiro no Faro de Vigo entre 1972 e 1981, continuando así un volume anterior do mesmo título no que se reuniron os que o autor de Merlín e familia deu ao prelo entre os anos 1963 a 1971. Artigos sobre poetas contemporáneos coma Ted Hughes, Carles Riba e Luís Pimentel, sobre narradores coma Franz Kafka e Rafael Dieste; recensións, notas eruditas e opinións literarias que confirman a idea dunha obra xornalística que é parte significativa da concepción literaria cunqueiriana. Non en van, a redacción dese xornal foi, durante un longo período da vida de Cunqueiro, o obradoiro do fabulador.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 392 |
  • Dimensións: 135x210 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9151-391-9 |