Sombra do aire na herba
Na colección Dombate aparece este volume, no que Galaxia recolleu unha serie de poemas de Luís Pimentel destinados a formar un libro, inéditos no momento do seu falecemento en 1958. Os versos de Sombra do aire na herba e Triscos aquí recollidos aparecen precedidos por un limiar escrito para a primeira edición por Celestino F. de la Vega, íntimo amigo do autor.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 116 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-7154-393-6 |