Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Rábade Villar, María do Cebreiro

Soños. Arquivos. Cartas

Soños. Arquivos. Cartas é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, " Soños. Arquivos. Cartas " non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 80 |
  • Dimensións: 145x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-332-1 |