Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Núñez, Marina

Atrapamiradas

Hoxe Vera érguese animada, disposta a atopar a solución
dunha vez por todas.
–Vamos alá!
Xa hai tempo que anda preocupada e esta mañá, por fin,
decide saír na procura de miradas. Crúzase con moita xente, pero... miradas, non atopa ningunha…
«Atrapamiradas» é o espello da realidade no que moitas nenas
e nenos se ven reflectidos cada día, cunha sociedade enganchada
aos dispositivos móbiles. Pero por infinita que sexa a oferta
de chamadas, mensaxes, fotos, música, redes sociais, aplicacións e páxinas web polas que navegar, nada é equiparable ás “cousas máis marabillosas” que se poden apreciar, non a través
dunha pantalla, senón da retina.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 40 |
  • Dimensións: 220x220 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • ISBN: 978-84-1343-008-9 |