Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Baceiredo, Rebeca

ÉXODO

Éxodo é un libro de relatos que segue a estrutura tripartita do Éxodo bíblico, á vez que desenvolve a semántica do termo. Non só en relación ao contido, pois as narracións mostran historias de fuxida ou emancipación, é dicir, non só evasións físicas e non só, en termos deleuzianos, liñas de escape positivas. Existen liñas de morte, deleómetros. Por outra banda, o éxodo, a partida e o tránsito, tamén afecta á propia semiótica, á linguaxe, ao xénero: de formas máis apegadas ao canon, empapadas do realismo máxico que despregan por veces as historias vitais nas antigas aldeas galegas, camíñase progresivamente cara a desintegración das estruturas clásicas nas narracións, saltando do principio de realidade á imaxinación, porque temos ese dereito esquecido. O texto, fiando só as tramas mediante personaxes que se aparecen como avatares sucesivos, franqueando tempos e espazos, dálle a volta ao calcetín, sinalando, quizais, en escenarios distópicos a posibilidade de devir, ou simplemente a ironía. Tal vez chegue a ser retranca. En calquera caso, altérase o estado, en todas as dimensións nas que modestamente pode un dispositivo semiótico. Ora ben, unha tarefa así require da actividade do pensamento.


  • Editorial: Apeiron |
  • Ano: 2020 |
  • Páxinas: 134 |
  • Dimensións: 14x22 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-122067-2-2 |