Celebración
A poesía aparece cando non abondan as palabras. Por iso o poema acredita na linguaxe e desconfía dela a partes iguais. Consciente da época en que agroma, onde o vello esmorece pero o novo non acaba de nacer, este libro ensaia un tipo de escrita antinostálxica, que renega da ruína e celebra o que está por vir.
- Editorial: Apiario |
- Ano: 2014 |
- Páxinas: 60 |
- Dimensións: 145x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-943210-0-9 |