Ex-céntricas
Benvidas a este poemario de Ánxela Lema París e Sara Villar Aira a catro mans, dúas ex-céntricas, que chegaron para nos seducir coas súas palabras, levándonos da man por versos onde o desexo e o amor o constrúe todo, onde se reinventan as cidades, facendo de nós espectadoras dunha obra en construción abismal, dun xeito de vivir, de sentir e de amar torrencial.
Enchéndonos de música da Philarmonie de París, espidas de medo, escribíndose libres, baleas en perigo de excitación, as voces líricas do texto reclaman que o amor se faga pandemia ou, polo menos, verbena de verán.

- Editorial: Fetiche |
- Páxinas: 85 |
- Dimensións: 120x180 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-123034-2-1 |