Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

NOIA,ADRIÁN

O SILENCIO NON ARROLA

«A través da ollada de Sara a novela de Adrián Noia articula unha procura que é ao tempo íntima e colectiva. Canda a ela, unha liña de mulleres unidas por esa interrupción: Encarnación, envolta nunha morte nunca explicada; Fina, depositaria dunha memoria que xa non pode expresarse; a nai, que conserva apenas
ecos; e Sara, que herda non tanto un relato como a necesidade de construílo. Nesa cadea recoñecemos unha das dimensións máis fondas da memoria histórica: non só o que foi silenciado, senón o modo en que ese silencio se transmite, se incorpora, se fai corpo. A historia familiar convértese nunha vía de acceso
a unha realidade máis ampla, a da violencia e a represión que marcaron a posguerra, e tamén das súas consecuencias prolongadas no tempo, porque o que non foi contado non desaparece: transforma as relacións, condiciona as identidades, instala preguntas que reaparecen xeración tras xeración.
A literatura convértese así en espazo de restitución simbólica e acada unha fonda dimensión ética: non reconstrúe o pasado, mais abre un espazo no que o que ficou fóra do relato pode, cando menos, ser convocado.»
  • Editorial: Positivas |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 979-13-990398-7-0 |