Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Lembranzas a escena
Este libro contén as breves pero detalladas memorias dun intenso labor de interpretación e dirección teatral desenvolvido polo autor no ámbito universitario compostelán nunha década dos difíciles tempos do tardofranquismo, cando calquera actividade de dinamización cultural, fóra dos estreitos límites que a ditadura impoñía, era mirada con desconfianza, cando non coa certeza de que agochaba actividades «subversivas». Ademais de ao seu autor, estas páxinas queren lembrar, render homenaxe e poñer en valor para as xeracións actuais o compromiso, valente e xeneroso, dunha saga de homes e mulleres que, talvez sen eles o saberen, estaban construíndo o futuro.
- Editorial: Servizo de Publicacións da Universidade |
- Páxinas: 156 |
- Dimensións: 150x210 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-10142-86-2 |