Ven celebrar o 11º aniversario de NUMAX!
A cooperativa NUMAX cumpre once aniños e, como vimos facendo nos últimos anos, queremos celebralo con todas vós nunha xornada de portas abertas na que haberá proxeccións, sesión vermú con DJ, xogos de mesa e moitas máis sorpresas. A cita é este sábado 23 de maio ao longo de toda a xornada. Agardámoste!