
A arquitecta Belén Vaz e a avogada Alba Enríquez presentarán La arquitectura de la discapacidad (Bartlebooth) de David Gissen o xoves 22 de maio ás 19:00h na Libraría NUMAX. A entrada é libre ata completar aforo.
Libraría NUMAX naceu en 2015 con vocación de ofrecer unha escolla orixinal e diversa de libros e converterse en lugar de encontro entre o público e os distintos axentes culturais implicados no mundo do libro. Viñemos para sumar e, así, enriquecer o mapa de librarías da cidade. Coñece máis sobre a libraría