O venres 6 de marzo ás 19:00h a Libraría NUMAX acolle a presentación de Medios inestables (Bartlebooh) de Doreen A. Ríos con Ezequiel Soriano. A entrada é libre ata completar aforo.
Libraría NUMAX naceu en 2015 con vocación de ofrecer unha escolla orixinal e diversa de libros e converterse en lugar de encontro entre o público e os distintos axentes culturais implicados no mundo do libro. Viñemos para sumar e, así, enriquecer o mapa de librarías da cidade. Coñece máis sobre a libraría