Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

XUBÍN, ISAAC

Non hai outro camiño

A Radoslav non lle queda máis remedio que gorecerse da chuvia nunha vella taberna fronte á entrada principal do porto, cando unha intensa bátega de auga o sorprende á saída do traballo. Nevenka Teodosic, a contumaz profesora de linguas románicas que agarda a inminente saída do cárcere de Goran, contempla as luces de neon sobre as pozas de auga no asfalto da cidade durante a viaxe en autobús á casa. Aspasia comeza a afacerse ás consecuencias neurolóxicas da enfermidade e, malia a adversidade, non evita sentirse feliz, coma Anja, a moza que non sabe se quere ser poeta, mecánica ou bióloga.
?Non hai outro camiño? conta a historia de Staro Selo, unha urbe ao pé do mar na que os seus habitantes teiman, a forza de sobrevivir, por tecer unhas estrañas relacións que son as que, finalmente, acaban por dar carácter a unha cidade que semella querer pasar anónima a forza de autoridade, asfalto e chuvia.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 248 |
  • Dimensións: 150x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-096-2 |