Flor de diversos
Durante anos o gran escritor mindoniense foi poñendo na súa lingua poemas dos seus poetas favoritos de todo o mundo, con predominio dos ingleses e norteamericanos. Contrariamente ao que se ten dito, as versións poéticas de Cunqueiro son dunha gran fidelidade aos orixinais, que é o primeiro requisito que debe ter unha boa tradución. O resto, quizais aquelo que a pode converter nunha pequena xoia literaria, depende do xenio do tradutor. O de Cunqueiro era claro.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 164 |
- Dimensións: 135x200 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-7154-784-2 |