Fragmentos de Ulises. 1926
Con este libro recupérase un texto emblemático para as letras galegas. Vai acompañado dun estudo introdutorio da profesora Kery Ann McKevitt. Nel claréxanse definitivamente as fontes empregadas e as circunstancias nas que Otero Pedrayo realizou unha tradución que encarna a vocación de modernidade e animou o espírito dunha época, polo que merece a atención das novas xeracións. Publicada en 1926, esta tradución de fragmentos do Ulises non só foi a primeira que se realizou a calquera das linguas peninsulares, senón que representa a vontade de toda unha xeración literaria galega por vencellarse ao movemento anovador que naquelas datas se estaba a desenvolver na literatura do resto de Europa.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 92 |
- Dimensións: 123x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-646-6 |